Joaquín González de la Peña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1836 |
Morte | 6 de abril de 1908 (71 anos) |
Ministro | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | maxistrado, avogado, político |
Empregador | Tribunal Supremo de España |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Joaquín González de la Peña, nado o 10 de setembro de 1836[1] e finado en Madrid o 6 de abril de 1908[2], foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XIII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Senador por Sevilla en 1905,[3] desenvolveu a súa carreira profesional na Administración de Xustiza chegando ser presidente de sala do Tribunal Supremo, cargo que ocupaba cando foi nomeado ministro de Graza e Xustiza no goberno que presidía Eugenio Montero Ríos. Desempeñou a carteira entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905.[4]
Faleceu repentinamente en Madrid o 6 de abril de 1908. Foi enterrado no cemiterio de San Justo, nesta mesma cidade[5].
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Foi irmán de Ángel González de la Peña, subgobernador do Banco de España. Casou coa baronesa de Forna, María del Pilar de la Encina[2], que faleceu o 9 de febreiro de 1909[6], e foi pai do barón de Forna, Joaquín González-de la Peña de la Encina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Senado. Legislatura de 1905. Sr. González de la Peña, D. Joaquín". Senado de España (en castelán). Consultado o 19-12-2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Don Joaquín González de la Peña". La Época (en castelán) (Madrid). 6-4-1908. p. 3.
- ↑ Senado de España (ed.). "González de la Peña, Joaquín". Senadores (en castelán).
- ↑ Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) do CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000): g-I" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ "Noticias". El País (en castelán) (Madrid). 8-4-1908. p. 5.
- ↑ "Noticias varias". La Época (en castelán) (Madrid). 10-2-1909. p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquín González de la Peña |